Benvidos/as ao concello de Castrelo de Miño.
Situado no corazón do Ribeiro é un concello eminentemente vitivinícola e un referente para a práctica de deportes náuticos.
Conta cun interesante patrimonio histórico e artístico diseminado polas diferentes parroquias e unhas fermosas paisaxes coa presencia continua da auga e o viño.
Un dos lugares máis visitados é o Parque Náutico. Nos seus máis de 45.000 metros cuadrados conta cunha gran zona axardinada con servizos de restaurante, cafetería, albergue, piscina e club náutico.
É un centro de referencia para deportes náuticos arredor da pista de competición de remo e piragüismo. Nas augas do Miño tamén podemos realizar paseos en catamarán, embarcacións a vela, táboas de windsurf e practicar natación.
Con esta aplicación podes acceder aos lugares máis destacados do territorio do noso concello.
Tamén destacan o castro de Santa Lucia e o Roteiro do Miño - Calvario - Coto de Novelle.
O escanee o iBeaken con
i-nigma